
Caldas de Reis sitúase ao norte da provincia de Pontevedra, abríndose á dinámica ría de Arousa, nunha encrucillada de camiños que ten como primordial expoñente a Autoestrada AP-9, principal eixo de comunicacións norte-sur entre Galicia e Portugal Caldas atópase entre as cidades de Pontevedra e Santiago, a 10 km do mar, sendo unha porta de entrada ao Val do Salnés e as Rías Baixas. A súa situación xeográfica e das súas excelentes comunicacións convértena nunha localización estratéxica para o desenvolvemento de actividades industriais, turísticas, comerciais e residenciais. É, as a vez, capital da Comarca de Caldas de Reis, que agrupa os municipios de Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga, cunha poboación total duns 35.500 habitantes.
Cómo chegar
Por carretera:
- Desde A Coruña (100 km) e Santiago (36 km) Pola A-9 ou N-550 dirección Pontevedra até Caldas de Reis.
- Desde Vigo (52 km) Pola A-9 dirección Santiago ou N-552 até Redondela e, desde alí, N-550 até Caldas de Reis.
- Desde Lugo (125 km) N-640 até Lalín, onde se colle a N-525 até Silleda. En Silleda cóllese a N-640 até Caldas de Reis.
- Desde Ourense (120 km) Até Pontevedra pola N-541 e, desde alí, pola N-550 dirección a Santiago até Caldas de Reis.
Estación de RENFE:
- A parada máis cercana é a de Vilagarcía de Arousa: mediante o tren rexional regular con saída desde Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña
Estación de Autobuses:
- Para en Caldas de Reis: Conexión regular con Pontevedra, Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela
Aeroporto máis próximo
- Peinador a 50 km (Vigo) e A Lavacolla a 56 km (Santiago de Compostela)