Naceu no ano 1998 como unha das actividades do “Cultura Quente”, coa colaboración da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Os seus impulsores foron Alfonso Palmeiro, Jesús Hernández e Andrés Pinal por parte da Facultade, e Celina Reguera, Luís Calvo, Rafael Blanco, Xavier Ballbé e o alcalde naquel momento: José María Tobío.

 

Trátase dun proxecto de arte na rúa. Nas dúas primeiras edicións xa contou cun número elevado de participantes, máis de 25 artistas. Comezou sendo un experimento, un xerme en evolución que impulsa a educación e a cultura, que se insertou na sociedade dun pobo, e cos anos pasou a ser parte da súa vida de maneira natural.