IDEAS E OBXECTIVOS IMPULSADOS NO KALDARTE
A idea principal é o plantexamento como unha historia real e viva, unha idea dotada de obxectivos concretos e variables que se tratan de alcanzar ano tras ano.
Entre os seus obxectivos atopamos:
- Propoñer o espazo público como lugar para a presentación dunha serie de obxectos ou accións artísticas que entren en relación directa co espectador.
- A participación cidadá, establecendo un diálogo co pobo e desenrolando unha función pedagóxica.
- Colaboración entre artistas: a produción de maneira conxunta.
O Kaldarte convértese anualmente nunha especie de observatorio da cidade, rexenerando os espacios urbanos, permitindo que cada ano se opere de maneira diferente sobre os mesmos espazos ou valorando que o tipo de materiais empregados para a realización dos proxectos non sexan contamiantes ou daniños para o medio ambiente e polo tanto para a cidadanía.