Cultura Quente

Público na CQ

O festival Cultura Quente é unha manifestación singular de expresión e compromiso, impulsada polo Concello de Caldas de Reis para implicar a todos os sectores sociais nun proxecto de desenvolvemento local.

O nome do festival, Cultura Quente, fai referencia tanto ao carácter das augas termais de Caldas como a idea da cultura comprometida, viva e participativa que está sempre presente na súa programación.

O festival converteuse, tras xa os seus 11 edicións, nun particular símbolo de identificación de Caldas ao exterior, recuperando o espírito acolledor e dinámico das vilas termais tradicionais como espazos modernos de cultura, lecer e encontro.

Un dos principais activos de Cultura Quente és o feito de tratarse dunha proposta innovadora, sen precedentes na contorna inmediata do municipio e en conxunto en Galicia. Por outra banda a interdisciplinaridad da proposta, con espazo para todo tipo de manifestacións estéticas, técnicas e artísticas, abre unha porta que non existía ata o momento.


Que se move no CQ from Cultura Quente en Vimeo.

A maioría de participantes de todos os ámbitos da programación valoraron especialmente a idea do encontro e intercambio. Este aspecto, unido á disposición e potenciación de espazos para a cultura que se definía anteriormente, converten a Caldas de Reis nun lugar perfecto para o debate, a investigación, a mocidade e a creación cultural.