Kap Bambino
Kap Bambino é un dúo de música electro punk formado en Bordeaux, Francia. A banda diferénciase do resto pola salvaxe voz de Caroline Martial e as bases rítmicas e adictivas de Orion Bouvier. Outra característica son as súas presentacións en vivo, cheas de enerxía, propias dunha banda punk. Formaron parte de varios festivais recoñecidos como ZXZW, Dot to Dot e compartiron escenario con Felix Kubin, DAT Politics, These New Puritans, Latexa of the Pier e Patric Catani. En 2001, Martial creou o selo independente «wwilko» para a edición do seu material. Foron mencionados nas revistas NME, Another Magazine, Dummy Mag, Dazed e Confused. Ademais, aparecen no filme de 2007 de Matt Irwin para Armani Exchange. Caroline figura entre as «modelos novas mais sexies … en Londres e Nova York». A banda tocou en forma independente por todo Europa, Xapón e México. Os dous teñen proxectos paralelos por separado, Bouvier é «Groupgris», e Martial é «Khima France».



