O Festival Cultura Quente e todas as súas actividades desenvólvense en Caldas de REis e dentro do propio pobo evitando desta forma os desprazamentos e dinamizando o pobo ao máximo.

Caldas de Reis sitúase ao norte da provincia de Pontevedra, abríndose á dinámica ría de Arousa, nunha encrucillada de camiños que ten como primordial expoñente a Autoestrada AP-9, principal eixo de comunicacións norte-sur entre Galicia e Portugal Caldas atópase entre as cidades de Pontevedra e Santiago, a 10 km do mar, sendo unha porta de entrada ao Val do Salnés e as Rías Baixas. A súa situación xeográfica e das súas excelentes comunicacións convértena nunha localización estratéxica para o desenvolvemento de actividades industriais, turísticas, comerciais e residenciais. É, as a vez, capital da Comarca de Caldas de Reis, que agrupa os municipios de Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga, cunha poboación total duns 35.500 habitantes.