Non foi posíbel crear o ficheiro.

Kaldarte: obxetivos variábeis, obxectivos compartidos

O obxectivo principal que referenda Kaldarte é a formulación dunha historia real e viva, unha idea dotada de obxectivos concretos e ideas variábeis que se tratan alcanzar ano tras ano. Entre os obxectivos vertebrais, destaca unha proposición de espazo público como lugar para a presentación dunha serie de obtetos ou accións artísticas significantes que entren en relación directa co espectador, tendo en conta que tal relación, todos os aspectos contextuales que se integran na comprensión da sociedade e un espazo para o que se vai a xerar o modelo artístico. Outro dos obxectivos, é unha participación cidadá, pretendendo que o diálogo co pobo sexa total, xa que durante seis días o produtor mergúllase nun cotián diferente ao seu particular e debe completar unha función pedagójica desde o límite, feito que se produce dun modo natural e inmediato, no taller, na rúa.

Este grao de expansión social, é aliciente suficiente para moitos dos participantes, pero non esquezamos que cando a arte sae do seu contexto enfróntase a outro que compila ao resto de situacións da vida, as reaccións non teñen por que ser caritativas ou gratificantes, como adoita ocorrer no seno dun sistema artístico, onde a ausencia de crítica e a validez transfórmase en absolutismo. Será obxectivo, situar ao artista entre o rechazamiento total sen crítica premeditada, ou ben ante un beneplácito directo do espectador dá pé, sen que existan intermediarios que contaminen a relación arte-poboo. A colaboración entre os artistas é outro particular de Kaldarte; se podería dicir que ningún produce o seu obxecto só. É dicir, que en certa forma de facer, unha mellor forma de resolver, de presentar de montar, transportar se é o caso. O obxectivo é, por tanto, que esta forma activa de relación entre os artistas, onde se pon de manifesto aspectos técnicos e conceptuais, perviva. Neste contexto e de feito significativo, están a integrarse elementos teóricos que achegan coñecementos culturais para a análise, unha comprensión e unha percepción da realidade contemporánea e do derritorio sobre o que nos movemos. A especificidade de Kaldarte, convértese nunha especie de observatorio da cidade, que engadido ao laboratorio de intervención urbana, permite concibir a existencia dunha liña de investigación e continuidade ao longo destes anos. O obxectivo é practicar, desde unha coherencia metodolóxica, estudos de caso, nos que se analicen problemáticas e solucións achegadas polos artistas, durante tes estadios de concepción do produto.

Outro dos logros que podemos entender no proxecto, é o grao sustentable dos aspectos ambientais nas propostas de intervención. A rexeneración dos espazos urbanos é un dos obxectivos primordiais de Kaldarte, permitindo que cada ano se opere dunha forma diferente sobre os mesmos espazos, ben se é unha condición esixida polo artista ou non. Para tal efecto, valórase atentamente o tipo de materiais que se porponen na realización dos proxectos, evitando que sexan contaminantes ou daniños co medio ambiente e por tanto coa cidadanía.