Ano 2008

Tras unha longa traxectoria, con máis de 11 anos, Kaldarte consolidouse como a mostra de arte efémera máis lonxeva de Europa. O título da XI Edición de Kaldarte foi "No-nexo". Elixiuse este título porque este ano non había unha proposta de tema central, unificador. Isto contribuíu a que os proxectos fosen en grao sumo desigual. Este ano pasará á historia do evento como o ano de maior repercusión nacional, posto que moitos medios de comunicación, fixéronse eco dunha obra exposta en Kaldarte. Tanta foi a repercusión que numerosos informativos (Antena 3, Telecinco, TVE, TVG...) incluíron Kaldarte nas súas noticias. Este balbordo debeuse a unha provocativa fonte que consistía nun busto de Franco cuspindo auga pola boca, e que a xente puidese beber dela. Tanto foi o balbordo que provocou que numerosos grupos políticos esixiron a súa inmediata retirada, pero debido a que se trataba dunha obra artística, esta puido continuar en pé. Grazas a esta publicitidad xerada polos medios de comunicación, Kaldarte estivo en boca de todo o mundo no verán de 2008, axudando así, a unha maior repercusión do evento, que, se xa ía  crecendo ano tras ano, agora podíase considerar que o evento xa chegara a toda España.

Os artistas que se deron cita no ano 2008 foron: Sara Álvarez, Alex Argibai, Iria Beltrán, Marta Fernández Calvo, Uxía Fernández, Christian G.Bello, Cristian Diamante, Edita Rodríguez, Fernando Sánchez Castillo, Pelucas y Álex, Colectivo Alg-a e María Lois.