Normas de Convivencia
Compre seguir unhas normas de convivencia dentro do Festival Cultura Quente 09 para garantir que todos desfruten dos concertos e actividades culturais.
No recinto
Non se pode acceder con comida nin bebida, os cans non poden pasar.
No camping:
respectemos o entorno!!! , recollamos os nosos residuos, hai papeleiras en toda a zona, non se poden facer barbacoas nin lumes de ningún tipo, recordemos que tras unha longa noite de festa, a xente tamén quere descansar. Intentemos respectar esas poucas horas de sono.
Deixemos o lugar como nos gustaría encontrárnolo.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.



