Despois de ler toda a Web pareceme moi triste que non fagades nin un triste comentario o feito de que este ano o festival non é de valde. Para acudires a xente terá que pagar.
...
Contra a crise, imaxinación e sinto dicirvos que nos demostrachedes moita.
Comprendo que é un ano complicado pero con esa decisión perdedes a esencia do festival. Certo é que o cartel do cultura quente decae mais cada ano que pasa, certo é que o mellor do festival sempre estaba fora de cartel, pero o facelo de pago, xa non acudes esperando cal será este ano a sorpresa.
O bó do Cultura Quente, era precisamente que era de valde, si xa sei que o prezo da entrada non e moito pero para iso en Galicia sobran festivais os que acudires on ellor ou peor cartel, que o verán e longo e ai que repartirse.
Ademaís non penso que vaiades recaudar moito mais, senon é menos, posto que a xente ten uns cartos destinados a festa e se mós gasto na entrada, non mós gasto na bebida, nin en mercar camisetas, nin en nada porque se xa vou ca idea de gastar, mellor quedar na casa... etc etc.
Postos a cobrar, poderiades ter sido algo mais imaxinativos por un precio simbolico ou ridiculo de 10€ e "regardes" unha camiseta da edición de este ano, a cal serviría como acretitación de entrada o recinto.
Gañar, ivades a gañar cartos, facilitariavos moito o control do acceso, a xente ia mercala igual porque 10€ non son cartos, porque unha camiseta ben vale 5€ e non pasa nada por pagalo dobre se e a do festival e pon 2011 (a vos nos vos custan nin 2€ e mira se tiñades gañancia), e porque pagar por algo que antes era gratis nunca gusta pero se me dan algo a cambio ainda ate me gusta. Ademais ai que pensar na publicidade que feriades con inso, porque a devandita camiseta, xa que custou cartos hay que darlle rentabilidade e poñela... e poñela nos recantos de onde ven a xente, de moitas vilas e cidades dispersas.
Outra medida imaxinativa, entrada con consumición... e sen esqueceres os prezos populares.
Porque coma xa disen antes, os cartos para a esta son os que son e se o litro de cerveza vale 6€ e a entrada 15€ (por dicir un exemplo) nin entro , nin merco a camiseta, nin bebo 3 litros de cerveza. O que fago e plantarme na entrada coa miña "litrona" e facela miña festa. (sen que gañedes un can)
Asique vos veredes o que queredes facer co festival, pero vai ser dificil remontar tremendo "erro" en edicions posteriores, se é que as ai. Porque a mala sona, ai queda. Do que noutraora era un dos mellores festivais de galicia, tanto por cartel coma polo marco incomparable da carballeira o pé do rio.
Atentamente:
TSR