David Fonseca
David Fonseca é unha das voces máis carismáticas da música portuguesa. Natural de Leiría, o seu nome é indisociable do da súa primeira banda, Silence 4, que rapidamente se consolidou no 98 como o maior fanómeno da música portuguesa dos últimos tempos. En 2003, David Fonseca lanza o seu primeiro disco en solitario, Sing me Something New, onde exploraba as súas actuais facetas de compositor e intérprete: tocou practicamente todos os instrumentos deste disco, cuxo primeiro single, Someone that Cannot Love, chegou a número 1 das listas portuguesas. Desde ese momento, David Fonseca consolida unha carreira prolífica e sólida con grandes discos como Our Hearts Will Beat as One, ata Between Waves en 2010. Un grande descoñecido en España cun directo arrollador. Gran voz, impecable son, fermosas letras e elegancia intachable.