O Cultura Quente volve este ano con ánimos reanimados e con propostas musicais, culturais e artísticas moi recomendábeis.
Nesta ocasión teremos cita obrigada os días 16 e 17 de xullo nos concertos nocturnos con artistas de renome internacional, propostas de grupos emerxentes moi interesantes. Ocean Colour Scene, Tricky, Johnny Winter, Clã, Dirty Socks, Dj Amable, The Raveonettes, The Sonics, Kitty Daisy & lewis, Hola a todo el Mundo, Magnética, Tony Lomba & Elio dos Santos e Dj Lagartija formarán parte do elenco de artistas. Blues, indi, pop-rock, trip-hop son algún dos ritmos que podemos salientar.
Por outra banda este ano Kaldarte, Kaldarte X+III, continua as súas mostras artísticas polas rúas de Caldas de Reis. Sitúanse na produción de estratexias híbridas que revisen e desprazen os aspectos críticos da posmodernidade comercial para situarmonos no que se entende como transmodernidade. Desfruta do arte puro e moderno en simbiose do rueiro de Caldas
E por último temos unha grande lista de actividades culturais que dinamizarán Caldas de Reis durante varias semanas deste verán. En breve teremos unha lista completa nesta mesma web.
Saúdos a todos!