Caldas de Reis

Caldas de Reis sitúase ó norte da provincia de Pontevedra, abríndose á dinámica ría de Arousa, nunha encrucillada de camiños que ten como primordial expoñente a Autopista AP-9, principal eixo de comunicacións nortesur entre Galiza e Portugal, Caldas atopase entre as cidades de Pontevedra e Santiago, a 10 km do mar, sendo unha porta de entrada ó Val do Salnés e ás Rías Baixas. A súa situación xeográfica e das súas excelentes comunicacións convertenna nunha localización estratéxica para o desenrrolo de actividades industriais, turísticas, comerciais e residenciais.
É, á vez, capital da Comarca de Caldas de Reis, que agrupa ós municipios de Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga, cunha poboación total de uns 35.000 habitantes.



