Como todos os anos habilitaremos unha zona de acampada gratuita situada a tan só 500 metros dos concertos. A carón do río Umia e con tendas de abastecementos a tan só 100 metros. Conta con unha ampla zona de aparcamento e perto dunha praia fluvial. A zona de acampada estará na Finca da Tafona.

Existirán indicativos alén de persoal que asistirá aos campistas para que vos concentredes no ocio, concertos e actividades.