BASES- KALDARTE 2018

Kaldarte é un modelo de actuación sobre o espazo público, aberto aos procesos de lexitimación da arte contemporáneo na súa incidencia directa no plano social. Expomos a produción de estratexias híbridas que revisen e despracen os aspectos críticos da posmodernidade comercial, para situarnos no que se entende como transmodernidade, ou sobre a base da resistencia comercializadora.  
No-nexo, é unha dobre aceptación idiomática, que expresa, sen unión (En español) e na unión (En galego), insumisión e vínculo, trasgresión e afinidade, o límite da arte no seu gravame sobre o espazo público é unicamente configurado polos productores. Arte des-axenciado. Esta edición propón tema, no viculante, baixo o título: & 21. Argumentario para afrontar as propostas. O seu sentido radica na visión que aporta o texto anexo.

 

1.- O obxecto de esta convocatoria é a selección dun máximo de Seis Proxectos de intervención artística de carácter temporal ou efímero, que se integrarán en Kaldarte xx- No Nexo, Cultura Quente, Caldas de Reis. Pontevedra. Galicia.

 

2.- As intervencións desenrolaranse, na segunda semana de Xullo de 2018 (9 ao 13) en Caldas de Reis, podéndose expor todo o espazo público da vila, así como outro tipo de espazos disponibles e a elección do productor/a/es/as.

 

3.- Poderán presentarse, artistas de calqueira nacionalidade, de forma individual ou colectiva, en cuxo caso deberán nomear un representante.

 

4.- Cada proxecto (formato dixital ou papel), deberá incluir: Currículo resumido e fotocopia do DNI (ou documento equivalente) do autor/a ou autores/as do proxecto, e datos de contacto, correo e teléfono. Descripción do proxecto- Varios bosquexos ou imaxes do proxecto en formato PDF; sistema de montaxe e necesidades técnicas de produción. Orzamento estimativo e desglosado, detallando materiais que eventualmente non puideran ser adquiridos en establecementos e empresas de Caldas de Reis. Cabe a posibilidade de presentar traballos audiovisuais. No caso de non recibir toda a información anteriormente detallada de forma completa, o proxecto será desestimado.

 

5.- A dotación aproximada en concepto de produción para cada proxecto seleccionado será de un max. 600 euros.// As obras producidas para Kaldarte serán efímeras ou desaparecerán segundo acordo previo establecido por escrito co productor// O productor cede ao Concello de Caldas de Reis os dereitos de explotación da obra e os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública. No caso de non recibir toda a información anteriormente detallada de forma completa, o prexecto será desestimado.

 

6.- Cada proxecto seleccionado será dotado con 400€, en concepto de honorarios por traballos profesionais. Ademais os gastos de aloxamento, viaxe, manutención, transporte e montaxe, serán asumidos pola organización e acordados previamente cos artistas seleccionados.

 

7.- Os proxectos deberán enviarse por correo electrónico a kaldarte@gmail.com; Ou ben por correo postal a, Kaldarte// Concello de Caldas de Reis. C/Herrería. Nº1. 36650. Caldas de Reis. Pontevedra. Galicia. Ata o sábado 16 de xuño de 2018.

 

8.- Avaliarase a calidade e a viabilidade das propostos, así como a absoluta reversibilidade das actuacións. A organización ocuparase dos permisos municipais oportunos para a efectiva instalación dos mesmos.

 

Máis información e contacto:

TLF: 630 73 43 46 / 986 54 00 02

Correo: kaldarte@gmail.com

En as páxinas de Kaldarte e no seu Facebook